Ferrol está ben comunicado por estrada, tren, autobús, avión e mar. Unha vez na cidade, os dous lugares principais da Noite das Pepitas, o Teatro Jofre e a praza de Armas, están no centro e a poucos minutos a pé un do outro.
- Teatro Jofre: Acto institucional (16:45 h) e saída do desfile (18:00 h)
- Praza de Armas: Festival de rondallas (19:00 h)
Consulta tamén como chegar a cada lugar dos actos e aparcadoiro e transporte na cidade.
En avión
Os tres aeroportos de Galicia están conectados con Ferrol pola autoestrada AP-9. Máis información en aena.es.
| Aeroporto | Distancia | Tempo aprox. | Teléfono |
|---|---|---|---|
| A Coruña (LCG) | 52 km | 36 min | 981 187 200 |
| Santiago de Compostela (SCQ) | 93 km | 1 h | 981 547 500 |
| Vigo (VGO) | 178 km | 1 h 48 min | 986 268 200 |
En coche
- AP-9, Autoestrada do Atlántico: une Ferrol coa Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo, Tui e a fronteira portuguesa.
- AG-64, Autovía Ferrol-Vilalba: enlaza en Vilalba coa A-8 e a A-6.
- A-8, Autovía do Cantábrico: conecta con Francia pola costa cantábrica.
- A-6, Autovía do Noroeste: comunica co resto de España a través de Lugo.
- A-52, Autovía das Rías Baixas: comunica co resto de España a través de Ourense.
Puntos de recarga para vehículos eléctricos: electromaps.com.
En autobús
Estación de autobuses: Paseo da Estación, s/n. Teléfono: 981 324 700. Os autobuses turísticos paran na praza de Galicia, en pleno centro.
- Alsa: Conexións nacionais e internacionais. Teléfono: 902 42 22 42. alsa.es
- Castromil-Monbus: Destinos en Galicia. Teléfono: 982 29 29 00 / 902 29 29 00. monbus.es
- Arriva Noroeste: Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Santiago e Rías Baixas. Teléfono: 981 33 00 46. arriva.es
En tren
Estación de tren: Avenida de Compostela, s/n. Información e billetes en renfe.com e no teléfono 912 320 320.
- Longa distancia: un tren diario directo a Madrid. Cun transbordo chégase a Barcelona, Hendaia e outros destinos.
- Vía estreita (antiga FEVE): une Ferrol con Bilbao pola costa cantábrica.
- Proximidade: trens a Pontedeume, Betanzos e A Coruña. Con transbordo na Coruña, a Santiago, Vilagarcía, Pontevedra, Vigo e Ourense.
- Transcantábrico: tren turístico de luxo entre Donostia-San Sebastián e Santiago, con parada en Ferrol.
- Tren turístico Ruta dos Faros: entre Ferrol e Ribadeo; venda de billetes desde maio.
En taxi
Radio Taxi Ferrol: 981 355 555, radiotaxiferrol.com. Dispón de monovolumes, vehículos de alta gama e eurotaxis adaptados para cadeiras de rodas, e ofrece rutas turísticas polo litoral de Ferrol durante todo o ano.
Aluguer de coches
| Empresa | Enderezo | Teléfono | Web |
|---|---|---|---|
| Avis | C/ Real, 213 | 981 30 02 34 | avis.es |
| Autos Brea | Avenida de Compostela, 4 (estación de autobuses, local 1) | 981 32 35 99 | autosbrea.com |
| Pepecar | — | 902 99 66 66 | pepecar.com |
En barco
- Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao: Peirao de Curuxeiras, s/n. Teléfono 981 338 075. Amarre para embarcacións de recreo en tránsito; segundo a hora de chegada, posibilidade de electricidade, auga e combustible. apfsc.com
- Club do Mar de Ferrol: Estrada Alta do Porto, 18, baixo. Teléfonos 981 359 945 e 616 678 585. Amarre se hai prazas libres, con auga, electricidade, duchas e restauración; pantaláns na Graña e Curuxeiras. clubdomarferrol.es
- Cruceiros: Ferrol recibe uns 40.000 cruceiristas ao ano.
Información facilitada pola Oficina Municipal de Turismo de Ferrol. Os datos poden cambiar; recomendámosche confirmalos antes da túa visita. Máis información en visitferrol.com.
